Curso Monitor/a de Tempo Libre en Vigo.
A titulación de monitores e monitoras de actividades de tempo libre é un título oficial da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Para a súa impartición están recoñecidas as “escolas de tempo libre”, entre as que se atopa a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural DON BOSCO (ETLDB), recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986.
